Volver ao inicio

Remata o IV Certame de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega

Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Certame de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500, o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame.

Os xurados, que están constituídos por membros propostos polas tres entidades que participan na creación deste certame, elixirá os tres mellores textos de cada categoría que serán públicos despois de semana santa. Toda a información sobre o convocatoria pódese atopar en relatos.gal

Esta páxina web emprega cookies para mellorar a experiencia do usuario/a. Se continúas navegando consideraremos que aceptas o seu uso.    Máis información
Privacidad